"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

lunes, 5 de noviembre de 2012



                       PURA REALIDADE 


      Este sistema capitalista e corrupto fai que as persoas estemos totalmente alienadas e contribuindo ó seu mantemento. A pesar da situación actual onde os partidos políticos que "nos representan" privatizan os nosos dereitos e nos afogan cada vez máis, ollamos a realidade deste sistema ruín, onde os ricos son cada vez máis ricos e os pobres somos cada vez máis pobres, pero seguimos contribuindo a el, consumindo esaxeradamente os productos das grandes multinacionais e multiexplotadoras como Coca-Cola, Nestlé... ignorando a realidade e poñendo a nosa parte para o mantemento da explotación, do traballo infantil...para o mantemento dun sistema corrupto e horrible onde o diñeiro é máis importante que as persoas.




                                      Triste realidade





miércoles, 26 de septiembre de 2012

LEI WERT = LIXO

Dende abre os ollos! queremos manifestar o noso descontento con este tipo de leis que o único que promoven é o atraso e a crear seres alienados. Desta maneira, e emulando ó gran actor Fernando Fernán Gómez dicimos... "A la mierda Lei Wert!!"


martes, 22 de mayo de 2012


"Primeiro foi o mar 
dempois a pedra." 
C.E. FERREIRO 


PROXECTOTERRA


      José Luis González acudiu á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para presentarnos un proxecto innovador e creativo, onde as Ciencias Sociais se enfocan dende un punto de vista ben diferente ó que coñeciamos ata agora. Trátase dun proxecto para axudar ó profesorado de infantil, primaria e secundaria na súa labor docente dun xeito orixinal e motivador para o alumnado. 
      Proxectoterra surxiu no 2000, vinculado a temas territoriais e arquitectónicos.

     Unha das ideas fundamentais que nos transmitiu José Luis é partir dos coñecementos previos dos nenos e nenas e dos seus intereses, xa que coñece-lo entorno que nos rodea é fundamental para logo ir abarcando territorio cada vez máis lonxano e amplo.


     Unhas das primicias que nos presentou foi un magnífico PowerPoint con imaxes de Lugrís referentes á súa particular visión do mar ó mesmo tempo ía facendo unhas lecturas que se relacionaban coas imaxes que iamos vendo. Esta foi pois unha das demostracións de como entrar nas emocións do alumnado dun xeito sorprendente e chamativo, que non deixa indiferente a ninguén.

    O mar foi o elemento elixido para inspira-la charla, e moitos de nós, que vivimos ó lado del, sentímonos identificados/as con toda esa temática, captando a nosa atención de inmediato. Outros autores que todos e todas deberían coñecer ó igual que Lugrís, son tamén por exemplo Seoane e Colmeiro cos que ilustrarémo-la nosa entrada.





       A educación é o motor do cambio, un camiño que nós temos que abrir ó alumnado e polo que eles deberán camiñar despois creando o seu propio a medida que avanzan.

    José Luis fixo fincapé na importancia de que o espazo debe producir sensacións e emocións ó relacionarnos con el.

       Cada territorio viviu unha historia particular que conformou a súa propia identidade, e na nosa man está transmitir todas estas emocións e sentir que formamos parte dela, como integrantes de dito territorio.



     Os nenos e nenas son seres moi creativos e inxeniosos e o profesorado non debe xamais cortar esa capacidade de interpretación que posúen, pois tamén nós, os adultos, temos moito que aprender deles/as.





           O noso equipo ve neste Proxectoterra unha ferramenta imprescindible para todo o profesorado, pois achegarse ó noso dun xeito tan orixinal e atractivo é unha labor difícil de conseguir que con proxectos coma este se pode acadar.

       A presentación de José Luis foi moi interesante e amena, e sen dúbida unha maneira eficaz de introducirnos nun traballo que para nós, ata agora, era descoñecido.

        Hai que felicitar ó equipo que o elabora pola súa magnífica labor a prol da educación, xa que é a base de toda sociedade.

PARABÉNS...!!!

jueves, 26 de abril de 2012

         SAÍDA DE CAMPO

               O día 24 de abril realizamos unha saída de campo pola cidade do Lérez, esta visita foi guiada polo profesor Xosé Constenla e por un arquitecto, o cal demostrou ser un gran coñecedor da historia e da vida en sociedade nesta cidade dende as súas orixes.










              Tras unha breve explicación do que ía a consistir a saída e dos obxectivos que con ela se pretendían acadar, partimos cara a ponte do Burgo. Alí atopámonos co arquitecto quen xunto ós restos arqueolóxicos desta ponte, narrounos cómo foi o xurdimento desta e o por que da súa construción no século XII.


             Desta maneira e como ben di o blog das nosas compañeiras, "pasiño a pasiño" fomos percorrendo os lugares máis característicos desta cidade:










              Dende Abre os Ollos consideramos que as saídas de campo complementarias os contidos escolares son de vital importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.


              Na área de Ciencias Sociais deben ser algo a realizar frecuentemente polos docentes xa que permiten coñecer de primeira man o entorno próximo e a propia cultura. Non obstante, estas non deberían ser tan teóricas como foi o caso da nosa saída, senón algo máis prácticas, favorecer a interacción e unha aprendizaxe máis activa pola nosa parte.



jueves, 12 de abril de 2012

FRAGAS DO EUME: UN PARAÍSO ROUBADO?

Poñéndonos en situación... 

        As Fragas do Eume constitúen un parque natural situado ó Norte de Galicia, na provincia da Coruña, e abranguen 9.126 hectáreas.





       Na actualidade residen no parque 521 persoas, repartidas entre os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.

      O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo


      Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganda, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.


Tras o incendio... quedaron moitas cuestións por resolver...

Foi unha acción máis, provocada polos pirómanos ou realmente beneficia a alguén? Que intereses hai detrás de todo isto? 







     Dende este blog fíxémonos eco de noticias que sinalan como a principal causa ós intereses económicos, pero..., en serio que a alguén lle merece a pena destrozar este auténtico paraíso natural por obter cartos?, ata onde imos a chegar?


                  Aquí un pequeno vídeo sobre algúns dos intereses ocultos:












Por un pacto antincendios para Galicia, asina!!!! 

http://actuable.es/peticiones/por-pacto-antincendios-galicia-un-pactoantilume


Máis intereses ocultos:
Queima-las Fragas do Eume é rebaixa-lo seu gran valor natural e é algo que beneficia a moitosos intereses:

1. Proxecto de Celulosa en As Pontes. Necesita dunha área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían gran crecemiento. O sector madereiro leva anos comprando terreos na zona.

2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Según el proxecto é imposible evita-las filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación continua no río Eume. Ó ser un espazo protexido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.

3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e sudafricano ó lado das Fragas do Eume que provocaría un gran impacto neste espazo natural.

4. Proxecto dunha nova presa no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento do peche da mina das Pontes.


viernes, 23 de marzo de 2012

 



Abre os ollos posiciónase  totalmente en contra desta Reforma Laboral agresiva e esclavista impulsada polo PP. Denunciamos que esta reforma atenta directamente contra a dignidade e os dereitos da cidadanía e está claramente deseñada para favorecer os intereses de mercados e grandes empresarios.





Diriximos este chamamento a tódolos traballadores, en activo ou desempregados, precarios, estudantes, pensionistas e xubilados, ós que animamos a unirse a este blog crítico, así como ás distintas formas de protesta que se están impulsando para o día 29 de marzo. 



 

      
                  ESTE É O TRABALLADOR QUE QUEREN!!!


 


            Esta reforma laboral significa o retroceso dun século en                   canto ós dereitos dos traballadores! Os nosos antepasados loitaron por unhas condicións laborais dignas,e ti?? Que vas facer??

 



     PENSAR É GRATIS. NON FACELO, SAE CARÍSIMO

jueves, 22 de marzo de 2012

       E NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA...,  
DENDE O NOSO BLOG, ABARCARÉMO-LA PROBLEMÁTICA DO NARCOTRÁFICO.




 PROSPERIDADE OU MORTE?



 É A CRISE ECONÓMICA UN FACTOR PRINCIPAL NO  INCREMENTO DE TRÁFICO DE DROGAS?


        A vinculación da comarca arousá co narcotráfico é innegable e as súas consecuencias sempre son nefastas, sobre todo co que respecta á xuventude, sempre máis vulnerable ó consumo. Non obstante, non só trae consigo problemas coa drogadicción senón que ó longo de 20 anos rexistráronse nesta zona 20 asasinatos destacados dos principais contrabandistas debido a axustes de contas, cuxo desencadeante sempre é o mesmo: o impago de alixos de droga (cocaína habitualmente e en grandes proporcións). 
          No seguinte artigo podedes botar unha ollada sobre isto: "Arousa e narcotráfico: vinte asasinatos en vinte anos" http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/127374.html 

O salto ó narcotráfico cumpre 25 

anos


 





HEROÍNA
       Heroína é a historia dunha nai, coma moitas outras, que loitou para axudar ó seu fillo sumerxido nun mundo sen sentido como o é o das drogas.  Enfrontouse ós narcotraficantes, que a costa de enriquecerse non lles importou destruír vidas, coa excusa de que quen se droga é por desisión propia, non porque eles os/as obrigasen, pero..., e todo o que iso conleva? Acaso as familias non sofren e se destrúen á mesma velocidade ca moitos destes mozos e mozas? Pódese xustifica-la ruína de tantas e tantas familias que o perderon todo intentando axudar ós seus fillos e fillas para logo perdelos/as tamén? Trátase dunha persoa que decide consumir por vontade propia ou de familias que teñen que enfrontarse a unha situación non buscada para salvar ás persoas que máis queren? É xusto vivir ó lado dunha inmensa casa cheo de luxos sabendo que os/as que a habitan se enriquecen da dor dos demais? 

       Esta película reflicte moi ben como se vive dende dentro unha situación coma esta, e ata onde pode chegar unha nai por axuda-lo seu fillo. Poñerse na pel desta familia significa vivir con eles unha viaxe chea de angustia, desolación e sobre todo impotencia ante unha situación que lles vén tan grande que non son quen de enfrontarse a ela sen perder cousas polo camiño (confianza, seguridade...). 




        Un dos símbolos máis significativos do filme é o Pazo de Baión, unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada actualmente á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por se-la propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico. 

       Actualmente pertence á adega Condes de AlbareiO contrato de venda recollía que o adquirente debía dar traballo durante os quince vindeiros anos a unha porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilita-la súa incorporación ó mercado laboral.

Ficheiro:Pazo Baión.jpg 

Ante esta situación de desigualdade moral e 
económica, 

Cal é a solución, onde está o límite?




martes, 13 de marzo de 2012

PODE A EDUCACIÓN CAMBIA-LA MENTALIDADE DE CERTAS CULTURAS?



         Segundo unha noticia atopada en El País o día 09-03-12, manter ás nenas na escola, din algúns autores, "salva vidas", xa que retrasa os embarazos prematuros, que se reducen á metade nas menores de 20 anos. As nenas que completan a educación primaria son menos vulnerables ás presións familiares cás nenas que permanecen sen escolarizar. A educación ofrece ás mulleres oportunidades e retrasa entre dous e tres anos as súas bodas: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/08/actualidad/1331235270_346591.html

          Aínda que isto nos parece que sucede en países moi afastados e subdesenvolvidos, algo semellante sucede en España coa cultura xitana, co que respecta ós matrimonios concertados, onde as nenas non teñen voz nin voto á hora de elixi-lo seu esposo:


ABUSO DE MENORES DENTRO DA LEGALIDADE





       O Centro Internacional de Investigación sobre Mulleres estima que, na actualidade, hai 51 millóns de nenas desposadas que viven no planeta Terra e case todas en países musulmáns. 29% desas nenas son golpeadas regularmente e abusadas polos seus esposos.
        Cada ano, de acordo coa UNICEF, tres millóns de nenas musulmanas son obxecto de mutilación xenital. Esta práctica non foi ilegalizada en moitas partes dos Estados Unidos.




         O martes 13-03-12 saíu unha noticia en El Mundo.es, onde se falaba dunha menor que se suicidou en Marrocos tras ser obrigada a contraer matrimonio co seu violador, xa que así a honra da nena quedaba salvagardada e o violador, ó acceder a casarse con ela, fóra de calquera castigo legal.

VER PARA CRER...!!!

jueves, 8 de marzo de 2012




 A creatividade ponse ó servizo da solidaridade


Dreaming the same
           
                           









                 Dreaming the same é un proxecto para transformar creativamente as mensaxes que usan as personas que exercen a mendicidade. Nace dun grupo de alumnos de Complot, Escuela de Creativos convencidos de que a creatividade serve para moito máis que vender ou crear imaxe de marca. A creatividade pode axudar ás persoas.
        O obxetivo é facelas máis visibles ó mundo e abrir un debate social sobre unha realidade que a maioría da xente non ve.
Porque as palabras fan visible o invisible. E as pequenas accións poden cambiar o mundo.
              


                                 



CARTÓNS CON MENSAXE,

POESÍA CONTRA A POBREZA.



Dreaming the same na prensa.



Nunha sociedade coma a nosa, onde cada un

 só mira polo seu, onde valores coma a

 solidariedade se están a perder, iniciativas 

coma estas demostran que existen pesoas

 capaces de poñerse na pel dos sectores máis

 vulnerables. Empregando a creatividade 

surxen ideas que axudan a converti-lo mundo 

nun lugar máis xusto, onde as palabras 

conseguen chegar ó profundo de cada ser e 

despertan esa conciencia adormecida polo 

egoísmo dun sistema individualista e 

competitivo.

E a túa conciencia, é quen de espertar? 



Non péche-los ollos! Abre a mente!

miércoles, 29 de febrero de 2012



"O máis terrible apréndese enseguida; 

fermoso, cústanos a vida"


Canta beleza e canta verdade nun só verso!!! 

A "Canción del elegido" de Silvio Rodríguez está adicada a un mártir que loitou nas revolucións iniciadas por Fidel en 1953.
Existen dúas partes opostas no título da nosa entrada, unha primeira que nos levou directamente a pensar nunha canción de Aute, " Al Alba", da que el mesmo di: "Escribí "Al alba" los días previos a los fusilamientos de septiembre de 1975 y con mucha urgencia. Debe haber sido una de las canciones que más rápidamente me surgieron, pero quería que la gente la cantara. La verdad es que no tuve que pensar mucho, salió del dolor." "Quería que pasara rápido la censura. Por eso la estructuré como una canción de amor, de despedida para siempre y como un alegato a la muerte." 



Tamén existe unha frase nunha canción de Silvio Rodríguez, "Ojalá", que moitos relacionaron con Pinochet: "a tu viejo gobierno de difuntos y flores", dentro desta espectacular canción de amor. Ti que cres?



Logo aparece a parte máis emocionante: "o fermoso cústanos a vida", que nos lembrou a unha muller admirable, que salvou a miles de nenos e nenas xudíos durante a Segunda Guerra Mundial, poñendo en perigo a súa vida. É unha historia que vale a pena coñecer, é marabilloso que existisen e existan persoas coma Irena!!!





A través desta entrada queremos transmitir o doado que é quitarlle a vida a unha persoa, o fácil que resulta facer cousas terribles, e pola contra, o difícil que é conseguir cousas que realmente valen a pena, como o é salvar vidas.


 A morte fronte a vida, a guerra fronte a paz, o odio fronte o amor, o doado fronte o difícil.




O máis terrible apréndese deseguido





Ti es o modelo! Non o esquezas.

jueves, 23 de febrero de 2012

DEMOCRACIA OU DITADURA?


Algo que non se pode permitir nunha sociedade democrática, porque é moi inxusto, é o abuso policial. A policía está para mante-la nosa seguridade, non  para golpear estudantes (moitos menores de idade)que se manifestan a prol dos seus dereitos. 
A democracia é a voz do pobo! 
Non era que tódolos españois temos dereito á folga e á liberdade de expresión? Onde imos chegar con este tipo de actuacións fascistas?


Canta indignación e canta impotencia!!!



Non quedes de brazos cruzados, ACTÚA...!!!

Pide ó Defensor do Pobo que investigue o abuso policial no IES Luis Vives (Valencia) Pincha no enlace e asina: "As pequenas accións individuais cambian o mundo!"

 http://actuable.es/peticiones/15-02-2012-denuncia-contra-abuso-policial-el-ies-luis-vives