FRAGAS DO EUME: UN PARAÍSO ROUBADO?
Poñéndonos en situación...
As Fragas do Eume constitúen un parque natural situado ó Norte de Galicia, na provincia da Coruña, e abranguen 9.126 hectáreas.
Na actualidade residen no parque 521 persoas, repartidas entre os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo.
Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganda, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Tras o incendio... quedaron moitas cuestións por resolver...
Foi unha acción máis, provocada polos pirómanos ou realmente beneficia a alguén? Que intereses hai detrás de todo isto?
Dende este blog fíxémonos eco de noticias que sinalan como a principal causa ós intereses económicos, pero..., en serio que a alguén lle merece a pena destrozar este auténtico paraíso natural por obter cartos?, ata onde imos a chegar?
Aquí un pequeno vídeo sobre algúns dos intereses ocultos:
|
Por un pacto antincendios para Galicia, asina!!!!
http:// actuable.es/peticiones/por- pacto-antincendios-galicia-un- pactoantilume
Máis intereses ocultos:
Queima-las Fragas do Eume é rebaixa-lo seu gran valor natural e é algo que beneficia a moitosos intereses:
1. Proxecto de Celulosa en As Pontes. Necesita dunha área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían gran crecemiento. O sector madereiro leva anos comprando terreos na zona.
2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Según el proxecto é imposible evita-las filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación continua no río Eume. Ó ser un espazo protexido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.
3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e sudafricano ó lado das Fragas do Eume que provocaría un gran impacto neste espazo natural.
4. Proxecto dunha nova presa no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento do peche da mina das Pontes.
PARABÉNS POLA ENTRADA!
ResponderEliminarDOE TER QUE VER ESTAS COUSAS, E A VERDADE É MOI DURA...
SONCHE COUSAS QUE NON DEBERIAMOS PERMITIR NIN PERDOAR.... A NATUREZA QUIZAIS NON O FAGA E ENTÓN SI QUE NON HABERÁ VOLTA ATRÁS NIN SOLUCIÓN PARA OS HUMANOS!
NON A POLITIZACIÓN DOS MONTES GALEGOS!!!!
A ELES SO LLES INTERESA A PROTECCIÓN DE ESPAZOS VERDES CANDO TEÑEN BENEFICIOS ECONÓMICOS, PERO XA SE SABE QUE NIN O PENSAN EN CANTO QUEREN MAIS E MAIS!
ESTO XA SE SOSPEITABA QUE ÍA ACONTECER... POR DESGRACIA!
BÁGOAS DE LUME AO VER ESTAS COUSAS, RABIA E IMPOTENCIA! TRISTE TRISTE!
APERTAS!
aproveitamos dende ARRIANDO para convidarvos a visitar a nosa última netrada, pois precisamos da vosa axuda para algo e deberiades velo! ánimo e grazas!!!!!!!!!!! contamos con vos!!!!!!!!!!!!!
Eliminarmuas