"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

jueves, 22 de marzo de 2012

       E NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA...,  
DENDE O NOSO BLOG, ABARCARÉMO-LA PROBLEMÁTICA DO NARCOTRÁFICO.




 PROSPERIDADE OU MORTE?



 É A CRISE ECONÓMICA UN FACTOR PRINCIPAL NO  INCREMENTO DE TRÁFICO DE DROGAS?


        A vinculación da comarca arousá co narcotráfico é innegable e as súas consecuencias sempre son nefastas, sobre todo co que respecta á xuventude, sempre máis vulnerable ó consumo. Non obstante, non só trae consigo problemas coa drogadicción senón que ó longo de 20 anos rexistráronse nesta zona 20 asasinatos destacados dos principais contrabandistas debido a axustes de contas, cuxo desencadeante sempre é o mesmo: o impago de alixos de droga (cocaína habitualmente e en grandes proporcións). 
          No seguinte artigo podedes botar unha ollada sobre isto: "Arousa e narcotráfico: vinte asasinatos en vinte anos" http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/127374.html 

O salto ó narcotráfico cumpre 25 

anos


 





HEROÍNA
       Heroína é a historia dunha nai, coma moitas outras, que loitou para axudar ó seu fillo sumerxido nun mundo sen sentido como o é o das drogas.  Enfrontouse ós narcotraficantes, que a costa de enriquecerse non lles importou destruír vidas, coa excusa de que quen se droga é por desisión propia, non porque eles os/as obrigasen, pero..., e todo o que iso conleva? Acaso as familias non sofren e se destrúen á mesma velocidade ca moitos destes mozos e mozas? Pódese xustifica-la ruína de tantas e tantas familias que o perderon todo intentando axudar ós seus fillos e fillas para logo perdelos/as tamén? Trátase dunha persoa que decide consumir por vontade propia ou de familias que teñen que enfrontarse a unha situación non buscada para salvar ás persoas que máis queren? É xusto vivir ó lado dunha inmensa casa cheo de luxos sabendo que os/as que a habitan se enriquecen da dor dos demais? 

       Esta película reflicte moi ben como se vive dende dentro unha situación coma esta, e ata onde pode chegar unha nai por axuda-lo seu fillo. Poñerse na pel desta familia significa vivir con eles unha viaxe chea de angustia, desolación e sobre todo impotencia ante unha situación que lles vén tan grande que non son quen de enfrontarse a ela sen perder cousas polo camiño (confianza, seguridade...). 




        Un dos símbolos máis significativos do filme é o Pazo de Baión, unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada actualmente á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por se-la propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico. 

       Actualmente pertence á adega Condes de AlbareiO contrato de venda recollía que o adquirente debía dar traballo durante os quince vindeiros anos a unha porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilita-la súa incorporación ó mercado laboral.

Ficheiro:Pazo Baión.jpg 

Ante esta situación de desigualdade moral e 
económica, 

Cal é a solución, onde está o límite?




No hay comentarios:

Publicar un comentario