PODE A EDUCACIÓN CAMBIA-LA MENTALIDADE DE CERTAS CULTURAS?
Segundo unha noticia atopada en El País o día 09-03-12, manter ás nenas na escola, din algúns autores, "salva vidas", xa que retrasa os embarazos prematuros, que se reducen á metade nas menores de 20 anos. As nenas que completan a educación primaria son menos vulnerables ás presións familiares cás nenas que permanecen sen escolarizar. A educación ofrece ás mulleres oportunidades e retrasa entre dous e tres anos as súas bodas: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/08/actualidad/1331235270_346591.html
Aínda que isto nos parece que sucede en países moi afastados e subdesenvolvidos, algo semellante sucede en España coa cultura xitana, co que respecta ós matrimonios concertados, onde as nenas non teñen voz nin voto á hora de elixi-lo seu esposo:
ABUSO DE MENORES DENTRO DA LEGALIDADE
O Centro Internacional de Investigación sobre Mulleres estima que, na actualidade, hai 51 millóns de nenas desposadas que viven no planeta Terra e case todas en países musulmáns. 29% desas nenas son golpeadas regularmente e abusadas polos seus esposos.
Cada ano, de acordo coa UNICEF, tres millóns de nenas musulmanas son obxecto de mutilación xenital. Esta práctica non foi ilegalizada en moitas partes dos Estados Unidos.
O martes 13-03-12 saíu unha noticia en El Mundo.es, onde se falaba dunha menor que se suicidou en Marrocos tras ser obrigada a contraer matrimonio co seu violador, xa que así a honra da nena quedaba salvagardada e o violador, ó acceder a casarse con ela, fóra de calquera castigo legal.
VER PARA CRER...!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario