"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

jueves, 8 de marzo de 2012




 A creatividade ponse ó servizo da solidaridade


Dreaming the same
           
                           









                 Dreaming the same é un proxecto para transformar creativamente as mensaxes que usan as personas que exercen a mendicidade. Nace dun grupo de alumnos de Complot, Escuela de Creativos convencidos de que a creatividade serve para moito máis que vender ou crear imaxe de marca. A creatividade pode axudar ás persoas.
        O obxetivo é facelas máis visibles ó mundo e abrir un debate social sobre unha realidade que a maioría da xente non ve.
Porque as palabras fan visible o invisible. E as pequenas accións poden cambiar o mundo.
              


                                 



CARTÓNS CON MENSAXE,

POESÍA CONTRA A POBREZA.



Dreaming the same na prensa.



Nunha sociedade coma a nosa, onde cada un

 só mira polo seu, onde valores coma a

 solidariedade se están a perder, iniciativas 

coma estas demostran que existen pesoas

 capaces de poñerse na pel dos sectores máis

 vulnerables. Empregando a creatividade 

surxen ideas que axudan a converti-lo mundo 

nun lugar máis xusto, onde as palabras 

conseguen chegar ó profundo de cada ser e 

despertan esa conciencia adormecida polo 

egoísmo dun sistema individualista e 

competitivo.

E a túa conciencia, é quen de espertar? 



Non péche-los ollos! Abre a mente!

3 comentarios:

  1. Iniciativas coma estas son as que nos fan reflexionar sobre a posibilidade dun mundo mellor, o fácil que é as veces sacar un sorriso ou axudar a alguén, o poder que teñen as palabras e como poden cambiar a nosa maneira de ver as cousas. A verdade esta entrada fíxome reflexionar e lembreime dun video similar que vin nunha ocasión e que me emocionou moito, agardo que a vós tamén.
    http://www.youtube.com/watch?v=Hzgzim5m7oU

    ResponderEliminar
  2. moi bo traballo buscadoras/or de pensamentos puros!!!!!
    parabéns pola entrada!
    penso que neste descompensado sistema sempre haberá xente desfavorecida,para os que a vida non sexa igual...
    grazas por facernos ver tamén esta parte, pois está nas mans de cada un e unha un posible cambio!
    non perdámola esperanza!
    apertas!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas compañeiras!! Moi bo o vídeo, si que é similar e a mensaxe é a mesma. As palabras optimistas son as que fan que non decaigamos e sigamos adiante!!

    ResponderEliminar