"O máis terrible apréndese enseguida;
o fermoso, cústanos a vida"
Canta beleza e canta verdade nun só verso!!!
A "Canción del elegido" de Silvio Rodríguez está adicada a un mártir que loitou nas revolucións iniciadas por Fidel en 1953.
Existen dúas partes opostas no título da nosa entrada, unha primeira que nos levou directamente a pensar nunha canción de Aute, " Al Alba", da que el mesmo di: "Escribí "Al alba" los días previos a los fusilamientos de septiembre de 1975 y con mucha urgencia. Debe haber sido una de las canciones que más rápidamente me surgieron, pero quería que la gente la cantara. La verdad es que no tuve que pensar mucho, salió del dolor." ; "Quería que pasara rápido la censura. Por eso la estructuré como una canción de amor, de despedida para siempre y como un alegato a la muerte."
Tamén existe unha frase nunha canción de Silvio Rodríguez, "Ojalá", que moitos relacionaron con Pinochet: "a tu viejo gobierno de difuntos y flores", dentro desta espectacular canción de amor. Ti que cres?
Logo aparece a parte máis emocionante: "o fermoso cústanos a vida", que nos lembrou a unha muller admirable, que salvou a miles de nenos e nenas xudíos durante a Segunda Guerra Mundial, poñendo en perigo a súa vida. É unha historia que vale a pena coñecer, é marabilloso que existisen e existan persoas coma Irena!!!
Consultade esta dirección: http://www.slideshare.net/sebastianforero/injusticia-9107566
A través desta entrada queremos transmitir o doado que é quitarlle a vida a unha persoa, o fácil que resulta facer cousas terribles, e pola contra, o difícil que é conseguir cousas que realmente valen a pena, como o é salvar vidas.
A morte fronte a vida, a guerra fronte a paz, o odio fronte o amor, o doado fronte o difícil.
O máis terrible apréndese deseguido
O máis terrible apréndese deseguido
Ti es o modelo! Non o esquezas.
Ola!!!
ResponderEliminarHoxe, día 1 de marzo ás 12 horas, preséntase na nosa facultade o proxecto "Xanela aberta ao sur" levado a cabo pola asociación Amarante. Con este proxecto preténdese sensibilizar á poboación galega a respecto das condicións de vida dos países do sur.
Como ten que ver co voso blog déixovos o enlace: http://amarantesetem.org/xanela/