"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

martes, 14 de febrero de 2012

Sabías que...

             O número de nenos sen escolarizar 
                      ascende a 70  millóns



   Tódolos nenos/as do mundo teñen dereito a recibir educación tal e como se reflicte na   Declaración dos Dereitos do Neno aprobada en 1959 ,na Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Sen embargo,este dereito universal parece constar só nun papel e os datos reais son alarmantes. Máis de setenta millóns de nenos/as non van á escola e aproximadamente 246 millóns traballan. 

     Nun mundo,onde os intereses económicos o moven todo resulta unha verdadeira averración que se invirtan cantidades astrónomicas para construír bombas ou manter institucións obsoletas como a igrexia ou a monarquía e non se garantan os dereitos fundamentais das persoas. Asegurar o acceso á educación é básico para eliminar as peores formas de traballo infantil, para crear persoas libres,para construír un mundo mellor. Os gobernos teñen a obriga de proporcionar educación de calidade para tódolos nenos/as e sen embargo camiñan na dirección contraria, coma se preferiran o analfabetismo como ferramenta para manipularnos mellor conforme os seus macabros intereses.

   É indignante, e dende este espazo,queremos mostrar os datos reais e a súa dureza para contribuír á reflexión,á acción; ó cambio.


Nenos/as sen escolarizar,por rexións







No hay comentarios:

Publicar un comentario