"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

jueves, 16 de febrero de 2012

Outro xeito de educar.


La sociedad desescolarizada de Iván Illich propón unha nova forma de ve-la educación consistente na autoaprendizaxe enfrontándoa, con exemplos reais, á ineficacia da educación escolarizada. Contén propostas en positivo para reinventa-la aprendizaxe ó longo de toda a sociedade e de toda a existencia de cada individuo.
Dixo: “A busca actual de novos funís educacionais debe revertir cara a busca da súa antípoda institucional: tramas educacionais que aumenten a oportunidade para que cada cal transforme cada momento da súa vida nun momento de aprendizaxe, de compartir, de interesarse.”




Moitas veces nas escolas non se parte dos coñecementos previos nin das experiencias do alumnado, polo que non se identifica nin se sinte membro desta institución. Impártese unha educación moi estandarizada. Unha alternativa a isto é a educación na casa, que supón unha personalización e unha motivación máis eficaz á hora de adquiri-las competencias e coñecementos. O fomento da creatividade limítase moito nas aulas e pola contra, incentívase moito máis na casa.

6 comentarios:

  1. Moi boa entrada...fíxome lembrar que non hai moito, unha nai foi levada aos tribunais por educar aos seus fillos dende a casa. Aínda que o xuíz absolveu á nai, a fiscalía de menores acusábaa de "abandono dos nenos" por non escolarizar aos seus fillos polas canles oficiais. Os nenos recibían escolarización na casa e ían pasando de curso por "libre". Valaquí un enlace: http://panorama.laverdad.es/sociedad/988-los-padres-que-educan-a-sus-hijos-en-casa-defienden-que-estimula-su-creatividad

    Que opinades? Hai métodos alternativos para instruir aos nenos ou débense seguir as canles oficiais?

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola túa colaboración e aportación a esta entrada.
    Nós compartimos con Illich esa idea dunha escola alternativa, partindo dos intereses persoais de cada neno ou nena sen esa homoxeneización que se tende a facer na institución escolar.
    Cremos que a educación non se limita só á escola, senón que debe estar presente en tódolos ámbitos da vida.
    En canto á túa noticia pensamos que a educación na casa ten moitas vantaxes coma por exemplo o fomento da creatividade, a atención personalizada...
    Non obstante existen opinións opostas como a que aparece nunha noticia de fai uns días cuxa dirección é: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/15/vidayartes/1329331413_944686.html

    ResponderEliminar
  3. Realmente esta entrada é moi boa e leva a reflexionar sobre a educación. Estamos dacordo en que a aprendizaxe na casa en determinadas ocasións pode ser igual ou mellor que a proporcionada nas propias escolas, pero tamén queremos plantexarvos unha pregunta ao respecto:
    ¿Credes que estes nenos e nenas que reciben unha educación alternativa, poden desenvolver nun futuro unhas malas habilidades sociais debido á falta de socialización cos compañeiros e compañeiras?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi boa pregunta! En tódolos sistemas educativos existen puntos febles e fortes. Cremos que as habilidades sociais se desenvolven en tódolos ámbitos da vida, polo que a socialización prodúcese coa familia, o grupo de iguais, a interacción co entorno...
      De tódolos xeitos, pode ser este un dos puntos débiles da educación na casa, pero non significa que a competencia cidadá e social non se acade nestes nenos e nenas.

      Eliminar
  4. Hola compañeir@s!!!!Queremos que nos abrades os ollos no tema da desescolarización, concretamente na escola na casa!!!!
    Esta finde semana a unha de nos, achegouse unha persoa que ten un neno de catro meses e comentou que tiña pensado educar o seu neno na casa.
    Sobre esta idea plantéxasenos algunhas dúbidas. Primero respetamos a postura deste pai, pero creemos que si ata certo punto pois creemos que importante a relación e interacción entre iguais, e como futuras educadora infantís é un pouco difícil!!!!
    A nosa pregunta é, en Galicia hai algunha xente que faga isto??que di a lexislación???Non creedes que nos como docentes deberiamos defender a escola normalizada???

    Esperamos que nos abrades os ollos!!!!

    Un bicazoooooo dende o noso barquiño de vela!!!

    ResponderEliminar
  5. Grazas polo voso interese e polas vosas aportacións en Abre os ollos! Ante a vosa primeira cuestión... dicirvos que descoñecémo-la existencia de familias que non escolaricen ós seus fill@s. Segundo a lexislación en España, a desescolarización e a apertura de escolas alternativas non institucionalizadas considérase un acto ilegal, polo tanto, moi dificilmente poden rexistrase casos en Galicia sen ser penalizados.
    Nós non pretendemos ataca-la escola normalizada e sentimos que o entedérades desa maneira, simplemente queremos mostrar tódalas alternativas existente para a educación.
    Con respecto o caso particular que ti nos comentaches, queriamos preguntarche se os pais están preparados para poder facelo (se teñen algún tipo de título que os capacite?, unha formación adecuada?...).

    Ánimo e boa viaxe por ese maravilloso litoral do que podemos presumir!!

    ResponderEliminar