"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

viernes, 23 de marzo de 2012

 



Abre os ollos posiciónase  totalmente en contra desta Reforma Laboral agresiva e esclavista impulsada polo PP. Denunciamos que esta reforma atenta directamente contra a dignidade e os dereitos da cidadanía e está claramente deseñada para favorecer os intereses de mercados e grandes empresarios.





Diriximos este chamamento a tódolos traballadores, en activo ou desempregados, precarios, estudantes, pensionistas e xubilados, ós que animamos a unirse a este blog crítico, así como ás distintas formas de protesta que se están impulsando para o día 29 de marzo. 



 

      
                  ESTE É O TRABALLADOR QUE QUEREN!!!


 


            Esta reforma laboral significa o retroceso dun século en                   canto ós dereitos dos traballadores! Os nosos antepasados loitaron por unhas condicións laborais dignas,e ti?? Que vas facer??

 



     PENSAR É GRATIS. NON FACELO, SAE CARÍSIMO

jueves, 22 de marzo de 2012

       E NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA...,  
DENDE O NOSO BLOG, ABARCARÉMO-LA PROBLEMÁTICA DO NARCOTRÁFICO.




 PROSPERIDADE OU MORTE?



 É A CRISE ECONÓMICA UN FACTOR PRINCIPAL NO  INCREMENTO DE TRÁFICO DE DROGAS?


        A vinculación da comarca arousá co narcotráfico é innegable e as súas consecuencias sempre son nefastas, sobre todo co que respecta á xuventude, sempre máis vulnerable ó consumo. Non obstante, non só trae consigo problemas coa drogadicción senón que ó longo de 20 anos rexistráronse nesta zona 20 asasinatos destacados dos principais contrabandistas debido a axustes de contas, cuxo desencadeante sempre é o mesmo: o impago de alixos de droga (cocaína habitualmente e en grandes proporcións). 
          No seguinte artigo podedes botar unha ollada sobre isto: "Arousa e narcotráfico: vinte asasinatos en vinte anos" http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/127374.html 

O salto ó narcotráfico cumpre 25 

anos


 





HEROÍNA
       Heroína é a historia dunha nai, coma moitas outras, que loitou para axudar ó seu fillo sumerxido nun mundo sen sentido como o é o das drogas.  Enfrontouse ós narcotraficantes, que a costa de enriquecerse non lles importou destruír vidas, coa excusa de que quen se droga é por desisión propia, non porque eles os/as obrigasen, pero..., e todo o que iso conleva? Acaso as familias non sofren e se destrúen á mesma velocidade ca moitos destes mozos e mozas? Pódese xustifica-la ruína de tantas e tantas familias que o perderon todo intentando axudar ós seus fillos e fillas para logo perdelos/as tamén? Trátase dunha persoa que decide consumir por vontade propia ou de familias que teñen que enfrontarse a unha situación non buscada para salvar ás persoas que máis queren? É xusto vivir ó lado dunha inmensa casa cheo de luxos sabendo que os/as que a habitan se enriquecen da dor dos demais? 

       Esta película reflicte moi ben como se vive dende dentro unha situación coma esta, e ata onde pode chegar unha nai por axuda-lo seu fillo. Poñerse na pel desta familia significa vivir con eles unha viaxe chea de angustia, desolación e sobre todo impotencia ante unha situación que lles vén tan grande que non son quen de enfrontarse a ela sen perder cousas polo camiño (confianza, seguridade...). 




        Un dos símbolos máis significativos do filme é o Pazo de Baión, unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada actualmente á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por se-la propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico. 

       Actualmente pertence á adega Condes de AlbareiO contrato de venda recollía que o adquirente debía dar traballo durante os quince vindeiros anos a unha porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilita-la súa incorporación ó mercado laboral.

Ficheiro:Pazo Baión.jpg 

Ante esta situación de desigualdade moral e 
económica, 

Cal é a solución, onde está o límite?




martes, 13 de marzo de 2012

PODE A EDUCACIÓN CAMBIA-LA MENTALIDADE DE CERTAS CULTURAS?



         Segundo unha noticia atopada en El País o día 09-03-12, manter ás nenas na escola, din algúns autores, "salva vidas", xa que retrasa os embarazos prematuros, que se reducen á metade nas menores de 20 anos. As nenas que completan a educación primaria son menos vulnerables ás presións familiares cás nenas que permanecen sen escolarizar. A educación ofrece ás mulleres oportunidades e retrasa entre dous e tres anos as súas bodas: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/08/actualidad/1331235270_346591.html

          Aínda que isto nos parece que sucede en países moi afastados e subdesenvolvidos, algo semellante sucede en España coa cultura xitana, co que respecta ós matrimonios concertados, onde as nenas non teñen voz nin voto á hora de elixi-lo seu esposo:


ABUSO DE MENORES DENTRO DA LEGALIDADE





       O Centro Internacional de Investigación sobre Mulleres estima que, na actualidade, hai 51 millóns de nenas desposadas que viven no planeta Terra e case todas en países musulmáns. 29% desas nenas son golpeadas regularmente e abusadas polos seus esposos.
        Cada ano, de acordo coa UNICEF, tres millóns de nenas musulmanas son obxecto de mutilación xenital. Esta práctica non foi ilegalizada en moitas partes dos Estados Unidos.




         O martes 13-03-12 saíu unha noticia en El Mundo.es, onde se falaba dunha menor que se suicidou en Marrocos tras ser obrigada a contraer matrimonio co seu violador, xa que así a honra da nena quedaba salvagardada e o violador, ó acceder a casarse con ela, fóra de calquera castigo legal.

VER PARA CRER...!!!

jueves, 8 de marzo de 2012




 A creatividade ponse ó servizo da solidaridade


Dreaming the same
           
                           









                 Dreaming the same é un proxecto para transformar creativamente as mensaxes que usan as personas que exercen a mendicidade. Nace dun grupo de alumnos de Complot, Escuela de Creativos convencidos de que a creatividade serve para moito máis que vender ou crear imaxe de marca. A creatividade pode axudar ás persoas.
        O obxetivo é facelas máis visibles ó mundo e abrir un debate social sobre unha realidade que a maioría da xente non ve.
Porque as palabras fan visible o invisible. E as pequenas accións poden cambiar o mundo.
              


                                 



CARTÓNS CON MENSAXE,

POESÍA CONTRA A POBREZA.



Dreaming the same na prensa.



Nunha sociedade coma a nosa, onde cada un

 só mira polo seu, onde valores coma a

 solidariedade se están a perder, iniciativas 

coma estas demostran que existen pesoas

 capaces de poñerse na pel dos sectores máis

 vulnerables. Empregando a creatividade 

surxen ideas que axudan a converti-lo mundo 

nun lugar máis xusto, onde as palabras 

conseguen chegar ó profundo de cada ser e 

despertan esa conciencia adormecida polo 

egoísmo dun sistema individualista e 

competitivo.

E a túa conciencia, é quen de espertar? 



Non péche-los ollos! Abre a mente!