
"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano
Eduardo Galeano
jueves, 14 de junio de 2012
martes, 22 de mayo de 2012
"Primeiro foi o mar
dempois a pedra."
C.E. FERREIRO
PROXECTOTERRA
José Luis González acudiu á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para presentarnos un proxecto innovador e creativo, onde as Ciencias Sociais se enfocan dende un punto de vista ben diferente ó que coñeciamos ata agora. Trátase dun proxecto para axudar ó profesorado de infantil, primaria e secundaria na súa labor docente dun xeito orixinal e motivador para o alumnado.
Proxectoterra surxiu no 2000, vinculado a temas territoriais e arquitectónicos.
Unha das ideas fundamentais que nos transmitiu José Luis é partir dos coñecementos previos dos nenos e nenas e dos seus intereses, xa que coñece-lo entorno que nos rodea é fundamental para logo ir abarcando territorio cada vez máis lonxano e amplo.
Unhas das primicias que nos presentou foi un magnífico PowerPoint con imaxes de Lugrís referentes á súa particular visión do mar ó mesmo tempo ía facendo unhas lecturas que se relacionaban coas imaxes que iamos vendo. Esta foi pois unha das demostracións de como entrar nas emocións do alumnado dun xeito sorprendente e chamativo, que non deixa indiferente a ninguén.
O mar foi o elemento elixido para inspira-la charla, e moitos de nós, que vivimos ó lado del, sentímonos identificados/as con toda esa temática, captando a nosa atención de inmediato. Outros autores que todos e todas deberían coñecer ó igual que Lugrís, son tamén por exemplo Seoane e Colmeiro cos que ilustrarémo-la nosa entrada.
A educación é o motor do cambio, un camiño que nós temos que abrir ó alumnado e polo que eles deberán camiñar despois creando o seu propio a medida que avanzan.
José Luis fixo fincapé na importancia de que o espazo debe producir sensacións e emocións ó relacionarnos con el.
Cada territorio viviu unha historia particular que conformou a súa propia identidade, e na nosa man está transmitir todas estas emocións e sentir que formamos parte dela, como integrantes de dito territorio.
Os nenos e nenas son seres moi creativos e inxeniosos e o profesorado non debe xamais cortar esa capacidade de interpretación que posúen, pois tamén nós, os adultos, temos moito que aprender deles/as.
O noso equipo ve neste Proxectoterra unha ferramenta imprescindible para todo o profesorado, pois achegarse ó noso dun xeito tan orixinal e atractivo é unha labor difícil de conseguir que con proxectos coma este se pode acadar.
A presentación de José Luis foi moi interesante e amena, e sen dúbida unha maneira eficaz de introducirnos nun traballo que para nós, ata agora, era descoñecido.
Hai que felicitar ó equipo que o elabora pola súa magnífica labor a prol da educación, xa que é a base de toda sociedade.
PARABÉNS...!!!
jueves, 26 de abril de 2012
SAÍDA DE CAMPO
O día 24 de abril realizamos unha saída de campo pola cidade do Lérez, esta visita foi guiada polo profesor Xosé Constenla e por un arquitecto, o cal demostrou ser un gran coñecedor da historia e da vida en sociedade nesta cidade dende as súas orixes.Tras unha breve explicación do que ía a consistir a saída e dos obxectivos que con ela se pretendían acadar, partimos cara a ponte do Burgo. Alí atopámonos co arquitecto quen xunto ós restos arqueolóxicos desta ponte, narrounos cómo foi o xurdimento desta e o por que da súa construción no século XII.
Desta maneira e como ben di o blog das nosas compañeiras, "pasiño a pasiño" fomos percorrendo os lugares máis característicos desta cidade:
Dende Abre os Ollos consideramos que as saídas de campo complementarias os contidos escolares son de vital importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Na área de Ciencias Sociais deben ser algo a realizar frecuentemente polos docentes xa que permiten coñecer de primeira man o entorno próximo e a propia cultura. Non obstante, estas non deberían ser tan teóricas como foi o caso da nosa saída, senón algo máis prácticas, favorecer a interacción e unha aprendizaxe máis activa pola nosa parte.
jueves, 12 de abril de 2012
FRAGAS DO EUME: UN PARAÍSO ROUBADO?
Poñéndonos en situación...
As Fragas do Eume constitúen un parque natural situado ó Norte de Galicia, na provincia da Coruña, e abranguen 9.126 hectáreas.
Na actualidade residen no parque 521 persoas, repartidas entre os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo.
Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganda, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Tras o incendio... quedaron moitas cuestións por resolver...
Foi unha acción máis, provocada polos pirómanos ou realmente beneficia a alguén? Que intereses hai detrás de todo isto?
![]() |
Dende este blog fíxémonos eco de noticias que sinalan como a principal causa ós intereses económicos, pero..., en serio que a alguén lle merece a pena destrozar este auténtico paraíso natural por obter cartos?, ata onde imos a chegar?
Aquí un pequeno vídeo sobre algúns dos intereses ocultos:
![]() |
Por un pacto antincendios para Galicia, asina!!!!
http:// actuable.es/peticiones/por- pacto-antincendios-galicia-un- pactoantilume

Máis intereses ocultos:
Queima-las Fragas do Eume é rebaixa-lo seu gran valor natural e é algo que beneficia a moitosos intereses:
1. Proxecto de Celulosa en As Pontes. Necesita dunha área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían gran crecemiento. O sector madereiro leva anos comprando terreos na zona.
2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Según el proxecto é imposible evita-las filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación continua no río Eume. Ó ser un espazo protexido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.
3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e sudafricano ó lado das Fragas do Eume que provocaría un gran impacto neste espazo natural.
4. Proxecto dunha nova presa no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento do peche da mina das Pontes.
lunes, 9 de abril de 2012
viernes, 23 de marzo de 2012
Abre os ollos posiciónase totalmente en contra desta Reforma Laboral agresiva e esclavista impulsada polo PP. Denunciamos que esta reforma atenta directamente contra a dignidade e os dereitos da cidadanía e está claramente deseñada para favorecer os intereses de mercados e grandes empresarios.
Diriximos este chamamento a tódolos traballadores, en activo ou desempregados, precarios, estudantes, pensionistas e xubilados, ós que animamos a unirse a este blog crítico, así como ás distintas formas de protesta que se están impulsando para o día 29 de marzo.
ESTE É O TRABALLADOR QUE QUEREN!!!
Esta reforma laboral significa o retroceso dun século en canto ós dereitos dos traballadores! Os nosos antepasados loitaron por unhas condicións laborais dignas,e ti?? Que vas facer??
PENSAR É GRATIS. NON FACELO, SAE CARÍSIMO
jueves, 22 de marzo de 2012
E NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA...,
DENDE O NOSO BLOG, ABARCARÉMO-LA PROBLEMÁTICA DO NARCOTRÁFICO.
PROSPERIDADE OU MORTE?
É A CRISE ECONÓMICA UN FACTOR PRINCIPAL NO INCREMENTO DE TRÁFICO DE DROGAS?
A vinculación da comarca arousá co narcotráfico é innegable e as súas consecuencias sempre son nefastas, sobre todo co que respecta á xuventude, sempre máis vulnerable ó consumo. Non obstante, non só trae consigo problemas coa drogadicción senón que ó longo de 20 anos rexistráronse nesta zona 20 asasinatos destacados dos principais contrabandistas debido a axustes de contas, cuxo desencadeante sempre é o mesmo: o impago de alixos de droga (cocaína habitualmente e en grandes proporcións).
No seguinte artigo podedes botar unha ollada sobre isto: "Arousa e narcotráfico: vinte asasinatos en vinte anos" http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/127374.html
O salto ó narcotráfico cumpre 25
anos
HEROÍNA
Heroína é a historia dunha nai, coma moitas outras, que loitou para axudar ó seu fillo sumerxido nun mundo sen sentido como o é o das drogas. Enfrontouse ós narcotraficantes, que a costa de enriquecerse non lles importou destruír vidas, coa excusa de que quen se droga é por desisión propia, non porque eles os/as obrigasen, pero..., e todo o que iso conleva? Acaso as familias non sofren e se destrúen á mesma velocidade ca moitos destes mozos e mozas? Pódese xustifica-la ruína de tantas e tantas familias que o perderon todo intentando axudar ós seus fillos e fillas para logo perdelos/as tamén? Trátase dunha persoa que decide consumir por vontade propia ou de familias que teñen que enfrontarse a unha situación non buscada para salvar ás persoas que máis queren? É xusto vivir ó lado dunha inmensa casa cheo de luxos sabendo que os/as que a habitan se enriquecen da dor dos demais?
Esta película reflicte moi ben como se vive dende dentro unha situación coma esta, e ata onde pode chegar unha nai por axuda-lo seu fillo. Poñerse na pel desta familia significa vivir con eles unha viaxe chea de angustia, desolación e sobre todo impotencia ante unha situación que lles vén tan grande que non son quen de enfrontarse a ela sen perder cousas polo camiño (confianza, seguridade...).
Un dos símbolos máis significativos do filme é o Pazo de Baión, unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada actualmente á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por se-la propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Actualmente pertence á adega Condes de Albarei. O contrato de venda recollía que o adquirente debía dar traballo durante os quince vindeiros anos a unha porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilita-la súa incorporación ó mercado laboral.
Ante esta situación de desigualdade moral e
económica,
Cal é a solución, onde está o límite?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
.jpg)





