"Moitas persoas pequenas, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano

martes, 22 de mayo de 2012


"Primeiro foi o mar 
dempois a pedra." 
C.E. FERREIRO 


PROXECTOTERRA


      José Luis González acudiu á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para presentarnos un proxecto innovador e creativo, onde as Ciencias Sociais se enfocan dende un punto de vista ben diferente ó que coñeciamos ata agora. Trátase dun proxecto para axudar ó profesorado de infantil, primaria e secundaria na súa labor docente dun xeito orixinal e motivador para o alumnado. 
      Proxectoterra surxiu no 2000, vinculado a temas territoriais e arquitectónicos.

     Unha das ideas fundamentais que nos transmitiu José Luis é partir dos coñecementos previos dos nenos e nenas e dos seus intereses, xa que coñece-lo entorno que nos rodea é fundamental para logo ir abarcando territorio cada vez máis lonxano e amplo.


     Unhas das primicias que nos presentou foi un magnífico PowerPoint con imaxes de Lugrís referentes á súa particular visión do mar ó mesmo tempo ía facendo unhas lecturas que se relacionaban coas imaxes que iamos vendo. Esta foi pois unha das demostracións de como entrar nas emocións do alumnado dun xeito sorprendente e chamativo, que non deixa indiferente a ninguén.

    O mar foi o elemento elixido para inspira-la charla, e moitos de nós, que vivimos ó lado del, sentímonos identificados/as con toda esa temática, captando a nosa atención de inmediato. Outros autores que todos e todas deberían coñecer ó igual que Lugrís, son tamén por exemplo Seoane e Colmeiro cos que ilustrarémo-la nosa entrada.





       A educación é o motor do cambio, un camiño que nós temos que abrir ó alumnado e polo que eles deberán camiñar despois creando o seu propio a medida que avanzan.

    José Luis fixo fincapé na importancia de que o espazo debe producir sensacións e emocións ó relacionarnos con el.

       Cada territorio viviu unha historia particular que conformou a súa propia identidade, e na nosa man está transmitir todas estas emocións e sentir que formamos parte dela, como integrantes de dito territorio.



     Os nenos e nenas son seres moi creativos e inxeniosos e o profesorado non debe xamais cortar esa capacidade de interpretación que posúen, pois tamén nós, os adultos, temos moito que aprender deles/as.





           O noso equipo ve neste Proxectoterra unha ferramenta imprescindible para todo o profesorado, pois achegarse ó noso dun xeito tan orixinal e atractivo é unha labor difícil de conseguir que con proxectos coma este se pode acadar.

       A presentación de José Luis foi moi interesante e amena, e sen dúbida unha maneira eficaz de introducirnos nun traballo que para nós, ata agora, era descoñecido.

        Hai que felicitar ó equipo que o elabora pola súa magnífica labor a prol da educación, xa que é a base de toda sociedade.

PARABÉNS...!!!